Coto de Pesca Sen Morte de San Sadurniño afectado por esta medida, como outros moitos.
O Club Falcón Fishing adhírese a esta queixa. Arturo Alonso
Adxuntos envíovos un artigo de opinión escrito por min pero suscrito polas sociedades de pesca:
· SOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA
· SOCIEDADE RIO MANDEO
· CLUB DE PESCA FALCON FISHING
Neste artigo se fala de cómo un grupo de ¿técnicos? da administración galega de caza e pesca fluvial, ocultándolle información ó seu xefe é ó Comité Galego de Pesca Fluvial, incluiron o retraso da tempada de pesca sen morte ATA 1º DE MAIO na orde de vedas en vigor.
ARTA ABERTA A D. RICARDO PEREZ-BORREGON ANTE O ATAQUE Ó COLECTIVO DE PESCA SEN MORTE DO ARCO ARTABRO
Sorprendente decisión da administración da pesca fluvial da Xunta de Galicia. A tempada de pesca nas zona de pesca sen morte (coutos e libres) comenzará no 1º de Maio nas masas de augas salmoneiras e de reo.
A pesar de entender que este tema afecta a toda Galiza costeira, hai que puntualizar que afecta especialmente á zona do Arco Artabro; Rios Mero, Xubia, Belelle e Mera, que son os que na actualidade teñen zonas de pesca sen morte (libres ou coutos)
Os feitos desenvólvense da seguinte maneira:
• En data 11 de marzo, tratamos de xestionar a compra dun permiso de pesca nunha casa expedidora. O expedidor infórmanos que esa mesma semana, os permisos logo de estar á venda foron retirados pola gardería, pois a tempada comeza o 1º de Maio.
• Non repostos do noso susto inicial consultamos a orde de vedas (que xa consultaramos anteriormente para ver novidades sen fixarnos neste tema) e atopámonos que “nas masas de auga de reo e salmón atrásase o inicio da tempada de pesca nos coutos de pesca e zonas libres de pesca sen morte ata o 1º de Maio”.
• Constatamos a posteriori que tanto no caso do couto de San Sadurniño sen morte, como no caso de Cecebre sen morte, hai vendidos cando menos permisos para os días 21 e 23 de Marzo respectivamente.
• Posteriormente en data 12 de Marzo poñémonos en contacto có Director Xeral para expoñerlle a nosa repulsa por este novo ataque e restricción ós dereitos dos pescadores. Pide tempo para informarse antes de tomar unha decisión (decisión para a que está facultado, por certo, pola propia orde de vedas).
• En data 15 de Marzo, a traverso de D. Carlos Muñoz, da Delegación do Medio Rural da Coruña, enterámonos de que non se vai rectificar a orde de vedas, que a tempada de pesca sen morte retrasase ó 1º de Maio e que os permisos de pesca xa expedidos , non obstante, vanse considerar validados e se poderá pescar con eles.
Logo de todo este lote de despropósitos soamente nos quedan por facer unha serie de reflexións:
• O feito de que se restrinxa a pesca sen morte a Maio, pensamos que non responde a ningún tipo de criterio cunha mínima fundamentación científica ou estudio ad hoc. De ser así pedimos que se fagan públicos os datos de dito estudio, a metodoloxía de dito estudio, e sobre todo os nomes do autor ou autores.
• Por suposto esta medida non se someteu nin a ningún dos catro comités provinciais afectados (con masas de auga de reo ou salmón) nin ó galego. ¿Con este secretismo, que se buscaba?
• Claramente con esta medida se está a penalizar con total arbitrariedade e discrecionalidade ós practicantes da pesca sen morte das comarcas de Coruña, Trasancos e Ortegal. E recordamos que estamos a falar dunha zona na que posiblemente haxa uns 25.000 pescadores, dos que en torno a un 5% practicarán a pesca sen morte, acórdese disto ó valorar o contido das novas medidas que tratan de impoñer en contra da pesca sen morte.
• Por outra parte hai que valorar que dende as sociedades da zona se promoveu de vello a pesca sen morte, pedíndolles en repetidas ocasións á Administración que ampliara os espacios dedicados a esta modalidade de pesca. De esta maneira se crearon os libres sen morte do Mera e este ano o do Belelle.
• Temos indicios (fontes internas ben informadas) que apuntan a que este novo desvarío dos técnicos (sic) da Subdirección de caza e pesca fluvial, non está elaborado dende unha óptica técnica senón coa idea preconcibida de prexudicar a unha serie de sociedades moi críticas coa Administración. Que casualidade que estas sociedades se enclaven nas comarcas nas que as únicas oportunidades de pesca pasaban pola practica de pesca sen morte nos tramos agora restrinxidos.
• Recordamos que este golpe non soamente vai afectar á pesca recreativa. Os pescadores de competición das tres entidades terán que recurrir a desprazamentos para poder adestrar en condición de igualdade có resto de competidores de toda Galiza.
Abraiante, en pouco tempo acaban de rachar un dos poucos elementos que nos unían señores técnicos, e que era o da consideración da pesca sen morte como un instrumento válido de xestión. E o peor, dando argumentos ós do captura & frite, con tanto predicamento na actualidade e que terán como argumento que se a pesca sen morte tamén provoca danos (vostedes lles diron a argumentación) e polo tanto é mellor desestimala como instrumento de xestión piscícola.
Mire señor Pérez-Borregón eu non me incluín nunha sociedade de pesca para facer amigos, os meus amigos de pesca xa veñen de vello ou os atopo no río ou na taberna.
Quizais noutro momento non tería inconvinte en que fose amigo meu, porque no pouco que o coñezo paréceme unha persoa digna de respecto, e que á súa maneira ten en común conmigo o ansia de mellorar a pesca en Galiza.
Non obstante non se engane, eu non son nin serei deses directivos acomodaticios que esperan prebendas para a súa sociedade, aínda que vexan traballo mal feito. Repítolle que cando fagan cousas ben (cf. Escala de Presa do Rei) aplaudireille, pero non teña a mais mínima dúbida de que serei implacable coas accións que eu considere que atentan cós dereitos dos meus socios ou có resto do colectivo de pescadores.
Señor Pérez-Borregón de vostede esperábamos moito. Esperabamos unha modificación da Lei de Pesca de Galicia. Esperabamos que o caso Ximonde tería luz e taquígrafos. Esperabamos que por unha vez os seus técnicos se sentasen a escoitarnos. Agora xa vemos que non é así. Enganámonos ou quixemos ter esa ilusión. A día de hoxe a reforma da Lei nin nun caixón está. Ximonde aínda está en sombras. E o peor e que os seus técnicos da Subdirección seguen a dar constancia dos seus desvaríos, sen que vostede teña control das súas papanatadas.
Pedímoslle que rectifique, aínda está a tempo. E podémoslle asegurar que non esqueceremos o xesto todas as persoas que defendemos a idea dunha pesca sostible na Galiza.
ELOI SAAVEDRA
Artigo de opinión consensuado polas seguintes sociedades:
• SOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA
• SOCIEDADE RIO MANDEO
• CLUB DE PESCA FALCON FISHING